
A pasada semana estivo no noso IES o escritor e ilustrador Paco Roca, autor de
Arrugas. Ainda que non tivemos tempo de coñecer a súa obra e toda a súa tarefa no mundo da literatura e da ilustración, descubrimos que fixo unha versión ilustrada de
La metamorfosis, narración que rematamos hai unhas semanas. Preguntámoslle, durante o encontro, pola portada do libro, e explicounos o seu significado: todos temos unha apariencia exterior, pero dentro hai outro eu, que ás veces, consciente ou inconscientemente, sae afora...
Agora estamos a ler Arrugas... E estamos tan, tan sorprendidos que non sabemos que dicir. A ternura e a crúa realidade están tan mesturadas que temos un auténtico rebumbio de emocións dentro de nós: temos moito do que falar... O caso é... ¿Está tan lonxe Emilio de G. Samsa? Aí o deixamos: na próxima sesión tentaremos poñer en orde todos os sentimentos e ideas que hoxe levamos con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario