Os fendetestas de 3º e 4º de ESO acabamos xa as tertulias entorno a Ana Frank. La biografía gráfica. Certo é que nos deu moito de que falar, non só polo que presenta de contido histórico senón tamén polo que ofrece a obra desde o punto de vista humano e moral.
O primeiro que queremos destacar é que trata sobre unha realidade, recreada no mundo da literatura e do cinema, que non se debe volver a repetir. O drama de Ana Frank mostranos a maldade e as inxustizas que pode cometer o ser humano: temos que pensar que Ana Frank podíamos ser todos.

Recomendámosvos esta fermosa novela gráfica a todos os que considerades a sensibilidade, o respecto, a tolerancia e a necesidade de saber como pezas fundamentais na engranaxe dun mundo mellor.
Finalmente, deixámosvos aquí o enlace á versión cinematográfica da obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario