16 jun 2023

FESTA DE BELTANE/ OS MAIOS: A PEDRA DO DESTINO/ COROACIÓN DO REI CARLOS DE INGLATERRA

 

    O profesor do Dep. de Inglés e coordinador do Club de Lectura, Jesús Iglesias, realizou unha exposición dramatizada acerca dos mitos celtas relacionados coa coroación dos monarcas británicos sobre a mítica Pedra, e a súa relación coa mitoloxía local, especificamente ao redor da noite de Beltane, a Torre de Breogán e a invasión de Irlanda. 

 



 

A exposición desenvolveuse a través dunha presentación de POWER POINT, acompañada de música e fragmentos de filmes, mediante unha peregrinación xeográfico-histórico-mitolóxica da mítica Pedra que percorreu a Xénese Bíblica (o sacrificio de Abraham, A Escaleira de Xacobe, Moisés e o tránsito do Mar Roxo, o Templo de Salomón...) a viaxe da Pedra polo norte de África e Península Ibérica xunto a Princesa Exipcia Scota (que deu nome a Escocia), ata chegar as terras celtas do Rei Breogán, A Coruña actual, a Invasión de Irlanda polos celtas segundo recolle o Lebor Ghabala (Libro das Invasións de Irlanda), a rebelión escocesa do Século XII o roubo da Pedra polo monarca inglés Eduardo I (o vilán do “Braveheart” de Mel Gibson), e a súa colocación baixo o trono da coroación na abadía de Westminster, onde todos os monarcas, incluído Macbeth, foron coroados dende entón. Rematamos coa referencia ao (entón) futuro Rei Carlos, e invitando aos alumnos a que se fixen cando coroen ao monarca no habitáculo que se atopa baixo o trono real.

No hay comentarios:

Publicar un comentario