27 mar 2025

CONOCIENDO A ABAD, A BARROSO Y A LOS CHICOS DE LA ALGALIA...

 

     El alumnado del Club de Lectura de 1º de bachillerato, tras leer El hombre que mató a Antía Morgade, de Arantza Portabales y  haciendo uso de las herramientas que facilita la IA ha creado este interesantísimo vídeo sobre la autora y sobre los diferentes personajes que habitan en la novela. ¡Esperamos que os guste! 







24 mar 2025

VÍDEO RECENSIÓN SOBRE O HOME QUE MATOU A ANTÍA MORGADE

     O esperado encontro coa novelista Arantxa Portabales ten que se adiar ao vindeiro luns por un imprevisto. Aquí a agardamos, cheos de interese por escoitala.

    Mentres tanto e para que vaiades facendo boca,  aquí vos deixamos a recensión en formato audiovisual que veñen de facer dúas alumnas de 1º de bacharelato sobre O home que matou a Antía Morgade, de Arantxa Portabales. 

Escoitádea, merece a pena! 



22 mar 2025

DIÁRIO DE UMA TOTÓ

 

Durante este segundo trimestre do curso no Club de Leitura de Português estivemos a ler Diário de uma Totó de  Rachel Renée Russel. A experiência leitora do ano passado com Diário de um banana de Jeff Kinney foi muito boa e essa foi uma das razões pelas que escolhemos este livro.

 

Diário de uma Totó conta a história de uma menina chamada Nikki. Ela escreve tudo no seu diário, fala da família, amigas... sempre com muita imaginação e diversão. Um dia o seu diário desapareceu e ela entrou em pânico, com medo de que alguém o lesse. Ela contou-lho as suas amigas e empeçaram a busca-lo, enfrentando situações engraçadas e também aprendendo alguma lição bem interessante.

 

Alguns dos comentários dos leitores e leitoras de 3º ESO foram os seguintes:

Gostamos muito do Diário de uma Totó, porque é muito fácil e rápido de ler. As histórias que conta a Nikki são muito engraçadas. Pareceu-nos muito divertida a parte quando entram no balneário dos rapazes para buscar o seu diário perdido ou quando a Nikki está em casa e a Brianna lho devolve. Outra cena que nos pareceu bem curiosa foi quando esteve a tentar atopa-lo no lixo.

 

 O livro é doado de ler já que não emprega um vocabulário complicado e conta histórias muito próximas a nós que lhe podem passar a miúdos da nossa idade. Ademais tem muitos desenhos e espaços em branco para poder escrevermos também lá o nosso diário.

  Neste link pode-se consultar o Vocábulario

 

Xiana, Sara, Noa, Alba e Antón ( 3º ESO A e B)

17 mar 2025

DESPOIS DE LERMOS WONDER

 

Nesta semana rematamos xa a lectura de Wonder, de J.L. Palacio no club de lectura de 1º ESO A. Toca, pois, reunirnos para facer coloquio arredor desta marabillosa novela onde podemos ver onde reside a valía das persoas e ata onde pode chegar a crueldade humana na convivencia cotiá. 



Manexaremos, dentro da reunión, o seguinte documento, cheo de curiosidades ben interesantes: 

AFONDANDO NA NOVELA



22 ene 2025

LECTORAS DE MISTERIO... E CREADORAS DE MISTERIO!

     

    

As fendetestas de 1º ESO lemos no primeiro trimestre os relatos de Concha López Narváez incluídos en El visitante de la madrugada: gústanos o suspense e sentir unhas cóxegas incómodas na barriga cando estamos a ler... E os relatos deste libro cumpriron as nosas espectativas: cadros nos que os personaxes cobran vida, gárgolas que, de súpeto, atacan á xente, exploradores que profanan cidades e enfadan os espíritos que viven nelas... 

 



      E como o misterio nos obsesiona cada vez máis, propuxémonos crear nós mesmas un relato con ingredientes habituais neste tipo de contos: e saíunos a historia dun asasinato! Puxémoslle por título "Un familiar perfume": escribímolo a cinco mans e despois engadimos ilustracións. E agora, queremos compartilo con vós. Se premedes no enlace poderedes lelo. Agardamos que sexa do voso agrado! 


UN FAMILIAR PERFUME

21 ene 2025

O VIXÍA NO CENTEO

     

    Antía Seijas (1º Bach A ) comparte as impresións (recensión e fotografía)  sobre a súa lectura de O vixía no centeo de J. D. Salinger. 


    O vixía no centeo (título orixinal: “The Catcher in the Rye”), é unha obra do autor estadounidense J.D. Salinger, coñecido principalmente por esta novela, que se converteu nun clásico da literatura moderna do seu país case dende o mesmo momento da súa publicación en 1951. Como datos sobre a súa persoa, participou na segunda guerra mundial no bando americano e esta foi a súa única novela, se ben escribiu numerosos relatos cortos, moitos influenciados polas súas vivencias. A editorial da primeira edición do libro foi Little, Brown and Company, a do meu exemplar (2001, tradución da obra ao galego), Xerais.

    Esta novela narra dende o punto de vista do protagonista, Holden Caulfield, e de forma subxectiva e coloquial como é propio da mocidade, o que lle ocorre a este tras a fuxida do seu elitista colexio e a súa posterior estancia en Nova York. Holden aporta numerosas análises da vida e da sociedade do seu redor, enfrontándose a temas que preocupan a todos os mozos, como os valores, a sociedade, o amor, a amizade... Todo isto de xeito humorístico e en primeira persoa, co que o autor consegue que o lector ou lectora realmente comprenda e se identifique co seu personaxe, inconformista, nervioso e cunha personalidade moi peculiar.

    Persoalmente, desfrutei moito con esta lectura, seguindo os pasos e os pensamentos de Holden, quen a pesar de ser un rapaz dos anos cincuenta consegue que realmente te recoñezas a ti mesmo nos seus pensamentos e reflexións como adolescente, que case sempre fai dende un punto de vista retranqueiro e ocorrente. A lectura irradia ao meu parecer un sentimento de disparidade respecto á sociedade ou contorna, algo que todos sentimos algunha vez nas nosas vidas, pero véndoo como algo bo e alentando a non seguir sempre ao “rabaño” por medo ao rexeitamento ou por costume, senón a ser como un é ou como mellor se sinta, se ben non se deben levar estes ideais a un extremo separatista

    Recomendaría a obra a todos os adolescentes que estean pasando por unha etapa dura da súa vida e se sintan diferentes, pero tamén aos que non, xa que poderían atopar un novo sentido ás súas crenzas e actos, ou redefinir o seu estilo de vida cara a un máis relaxado e no que non importen só as aparencias.


7 ene 2025

ANO DE CASTELAO

    

    Dende o Club de Lectura damos a benvida ao ano no que se celebra o 75 cabodano do pasamento do autor.

    Castelao naceu en Rianxo en 1886 e faleceu na Arxentina en 1950.  Entre as dúas datas que marcan o seu percorrido vital desenvolveu multitude de actividades de campos tan diversos como a política, a literatura ou as artes plásticas. A cultura galega ten unha débeda inmensa co home que levou a patria enteira na memoria. O  seu legado é incuestionable en todas e cada unha  das facetas que  cultivou. 



    Recollemos a modo de inicio da homenaxe que se desenvolverá de xeito colectivo ao longo deste 2025 unha das súas pinturas máis recoñecidas:  A derradeira lección do mestre  (Galicia Mártir). Este cadro recolle a  terrible escena do corpo dun mestre asasinado comtemplado por dous meniños. A denuncia das inxustizas cometidas na época da Guerra Civil está presente nesta obra  que é coñecida como o Guernica galego.