Lucía Vigo, de
4º ESO B, recoméndanos esta lectura, destacando especialmente a homenaxe que Luis García Jambrina lle rende ao autor da
Celestina ao tempo que recrea o ambiente de Salamanca do século XV. Fernando de
Rojas é un estudante de Leis que se ve inmerso nunha serie de intrigas relacionadas
coa investigación do asasinato dun catedrático de Teoloxía. Ao longo da
narración o autor dosifica moi ben a
intriga e o misterio logrando darlle á acción un ritmo trepidante. A pesar da súa relativa lonxitude é un libro moi doado de ler, xa que consegue manter o interese por desvelar os misterios ata a
derradeira páxina. En definitiva, unha
lectura altamente recomendable para os afeccionados ás novelas policíacas, de misterio ou intriga.
Este é o primeiro libro da saga que
o autor, Luís García Jambrino continuou con El
manuscrito de nieve e El manuscrito
de fuego. No primeiro, Fernando de Rojas comparte protagonismo con Lázaro
de Tormes nunha nova intriga de corte
policíaco. Na última entrega da serie (polo momento) o autor da Celestina, xa convertido en ancián, é encargado da investigación do asasinato do antigo bufón do
emperador Carlos V.
Atrevédesvos a desvelar misterios relacionados con estraños asasinatos ambientados na Salamanca do século XV?
No hay comentarios:
Publicar un comentario