Corre o mes de decembro e os habitantes de Ostia celebran as Saturnais, unhas festas en honor ao deus Saturno, nas que durante cinco días está permitido facer de todo. Flavia Gémina, filla de Marco Gémino, decide investigar a Cartilia Poplícola, a nova noiva do seu pai xunto aos seus tres amigos: Lupo, un neno mudo, que se comunica cos demais a través dunha táboa de arxila, Nubia, a antiga escrava de Flavia e Jonatán, un mozo xudeu, que é veciño de Flavia. A Flavia non lle gusta Cartilia e decide investigar, coa axuda dos seus amigos, datos da vida da súa vida e para iso teñen que levar a cabo, doce traballos, igual que o heroe Hércules. A medida que os completan, van informándose de cousas de toda a familia e amigos de Cartilia. Ao final descobren quen é realmente Cartilia.
O libro gustounos, porque presenta un espírito moi aventureiro. Flavia, a protagonista, é unha rapaza de dez anos curiosa, independente, audaz e valente, á que lle gusta recorrer as rúas de Ostia acompañada dos seus amigos na procura de pistas para resolver enigmas.
É un libro moi aproveitable para nós, alumnos de 4º de ESO, que cursamos a materia de Latín, porque nos achega á vida na antiga Roma con constantes referencias á historia, á relixión, á mitoloxía e ós costumes que tiñan os romanos. Fálanos de festas tan populares en Roma, como as Saturnais, o costume de comer deitados, as termas e as súas dependencias (caldarium, frigidarium, impluvium, laconicum..), as partes da casa romana (atrium, lararium, peristilum….), os vestidos (a túnica, a toga…) as distintas clases sociais….
Recomendamos este libro, porque é moi entretido e fácil de ler, mantente todo o tempo coa intriga e cunha sensación de querer seguir lendo.
A lectura deste libro levounos a reflexionar sobre unha serie de aspectos: non podemos xulgar ás persoas antes de coñecelas, tristemente nós facémolo moito e non debería ser así. Primeiro, deberíamos intentar coñecelas e despois podémolas xulgar por nós mesmos. Tamén, que temos que gozar das persoas mentres que están vivas, porque en calquera momento poden desaparecer das nosas vidas. Outra cousa que nos chamou a atención é o ben que se levan e como se queren Flavia e os seus amigos, a pesar de que no grupo hai un rapaz mudo, unha escrava liberada por Flavia e un xudeu... Actualmente, cando alguén é diferente ou ten un problema, o primeiro que se fai e discriminalo, facerlle o vacío e incluso é obxecto de burla.
A única cousa que non nos gustou foi que Flavia, ao final, ten alucionacións, que no momento de ler o libro, parecen reais, pero que en realidade son producidas pola febre que lle causa a gripe á nosa protagonista.
Un saúdo, lectores!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario