5 jun 2018

PREMIOS LITERARIOS


      Nos últimos días foron varios os premios concedidos a autores  e autoras vinculados por razóns varias ao pequeno universo literario que conforma Curtisbiblio e o Club de Lectura Fendetestas.  

      Un dos  recoñecementos máis prestixioso das nosas letras é, sen dúbida, o Premio Xerais. Nas categorías de  novela, literatura xuvenil e literatura infantil   galardoou respectivamente a  Emma Pedreira por Besta do seu sangue, a Carlos Negro  por Aplicación instantánea (Premio Jules Verne) e a  Héctor Cajaraville por Kusuma de Héctor Cajaraville (Premio Merlín) de Literatura Infantil. Cumprirá agardar ata o mes de outubro para  a publicación das obras, momento no que se celebrará a cerimonia de entrega dos galardóns.  

    










                                                                                                                        Poucos días antes do fallo dos Premios Xerais celebrouse a Gala do Libro  Galego onde se premiaron  as mellores iniciativas editoriais do ano 2017.  Destacamos a A nena do abrigo de astracán  de Xabier P. Docampo que recibiu o galardón  á mellor obra de narrativa e  Os nenos da varíola  (un éxito total no noso club de lectura) de  María Solar escollido como mellor libro xuvenil. Mención especial merece a poeta de Fisteus, Lupe Gómez, que recolleu o premio ao mellor libro de poesía pola súa obra Camuflaxe.




      Dende Curtisbiblio  e do Club de Lectura Fendetestas queremos manifestarlles os nosos parabéns a eses autores e autoras que consideramos, dalgunha maneira, un pouco nosos. Moitos deles formaron parte das nosas  propostas de lecturas ou mantiveron interesantes encontros literarios co alumnado. Grazas a todos e a todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario