Os
fendetestas de francés de 4º ESO leron ao longo deste trimestre a
obra de Jules Verne: Vingt mille lieues sous les mers (Vinte
mil leguas baixo dos mares). Queren compartir algúns
coñecementos que lles achegou a lectura deste libro.
O
autor:
Jules
Verne (1828, Nantes - 1905, Amiens)
Foi
considerado o pai da ciencia ficción moderna. Naceu en Nantes e
estudou leis en París. Os seus inicios como escritor non son moi
afortunados. En 1863, obtivo o seu primeiro éxito coa publicación
de Cinco semanas en globo.
Apaixonado
das viaxes e da ciencia, elementos fundamentais na súa obra,
despertou profundamente o interese polos inventos no século XIX.
Vaticinou
con asombrosa exactitude moitos dos logros científicos do século
XX. Falou de foguetes espaciais, submarinos, helicópteros, aire
acondicionado...
Vinte
mil leguas baixo dos mares,
novela de aventuras, é a sexta da serie das Viaxes
Extraordinarias. Foi publicada por Hetzel, en París, en 1869.
Resumo:
No
ano 1866, reina unha forte angustia sobre os océanos. Un monstro
mariño foi visto en diversos mares por varios buques. Organízase
unha expedición a bordo da fragata americana Abraham Lincoln co
capitán Faragutt, o canadense Ned Land, o famoso naturalista
francés, Aronnax, do Museo de París e o seu fiel servente, Conseil.
A finalidade desta expedición é capturar esta abominable ameaza.
Durante
varios meses, as investigacións son escasas e o desalento apodérase
da tripulación. Ata o 5 de novembro. Ese día, Ned Land percibe o
monstro, un "narval xigantesco". Desprázase a tal
velocidade que á fragata cústalle seguilo. Cando por fin consegue
achegarse, o animal aborda violentamente a nave.
Atópanse
case totalmente mergullados por unha onda monumental. Aronnax,
Conseil o e o arpoador Ned Land son precipitados no mar polo choque.
Chegan a refuxiarse sobre as costas do monstro. Comprenden que o
monstro era, en realidade, un buque submarino: o Nautilus. Os tres
náufragos son encarcerados e atópanse a bordo do Nautilus. Entón,
coñecen esta tripulación misteriosa e o seu capitán, Nemo, un
personaxe cunha actitude moi enigmática. Descobren moi rapidamente
que o capitán Nemo, que concibiu os planos do Nautilus, despreza a
compañía dos humanos. Négase a poñelos en liberdade. Os tres
náufragos permanecerán preto de oito meses no Nautilus.
O
capitán Nemo fai descubrir aos seus hóspedes os tesouros da
biblioteca e do museo do Nautilus e decide emprender unha volta ao
mundo polas profundidades oceánicas. En compañía deste capitán
enigmático, os tres heroes descobren a illa de Ceylán, famosa polas
súas madreperlas, tesouros engulidos, pelexan contra polbos
xigantes, aventúranse nos bosques submarinos.
Aronnax,
Conseil e Ned Land seguen experimentando unha desconfianza cara a
este capitán misterioso. Un día, as súas sospeitas son
confirmadas: o capitán Nemo afunde, a sangue frío, un buque de
guerra de nacionalidade descoñecida e toda a súa tripulación.
Acusa a este barco de matar a súa muller, os seus fillos e á súa
patria.
A
tristeza e o espanto reinan agora a bordo do Nautilus. Ned Land,
Aronnax e Conseil chegan entón a escaparse. Embárcanse a bordo
dunha chalupa, e achegaranse por milagre ás costa de Noruega. Alí
esperarán un barco para volver a Francia. Xamais saberán o que foi
do Nautilus.
Para
rematar, imos amosar a opinión persoal de Nadia, de 4º eso A sobre
a obra:
-
« J’ai beaucoup aimé le livre. Cela m’ a semblé une
aventure qui définissait parfaitement le fond de la mer. J’ai
adoré les personnages. Étant donné que c’est une
œuvre en français, même s’il s’agit d’une adaptation à
notre niveau, j’ ai eu du mal à
la comprendre et j’ ai dû la
lire plus de deux fois, c’est donc un travail un peu fatigant.
La partie que j’ai aimé le moins est, peut-être, la fin, parce
que c’était
la plus compliquée à comprendre. Cela
m'a semblé une très bonne adaptation, qui n’a
pris que les parties les plus
importantes
pour la compréhension du travail ».
-
“ Gustoume moito. Pareceume unha obra de aventuras que definía moi
ben o fondo do mar. Os personaxes encantáronme. Ó ser unha obra en
francés, aínda que é unha adaptación para o noso nivel, custoume
bastante entendela e tívena que ler máis de dúas veces, polo que
se me fixo un pouco densa. A parte que menos me gustou foi,
posiblemente, o final, xa que foi o que máis me custou entender.
Pareceume unha adaptación moi boa, que colleu xusto as partes máis
fundamentais para o entendemento do obra ”.
Os
Fendetestas de francés de 4º ESO A.