Os
fendetestas de 1º BAC A de francés mergulláronse neste primeiro
trimestre na lectura do libro Poil de carotte de Jules
Renard, novela autobiográfica, que foi publicada en 1894.
O
autor:
Jules
Renard naceu en Châlons-du-Maine no ano 1864, foi un escritor e
crítico literario de afamado prestixio. Adquiriu os seus
coñecementos de literatura acudindo a cafés literarios e lendo
xornais, o que o levou a escribir contos, poemas e novelas. Chegou a
ser alcalde da súa vila. Morreu en París no ano 1910, con só 46
anos.
Entre
as súas obras máis destacadas atopamos, Poil de Carotte,
L’écornifleur, Histoires Naturelles, Le coureur de filles. A
maioría delas están centradas na rexión de Nièvre.
Resumo
da obra:
Pelo
de Cenoria é o nome dun mozo adolescente que vive cos
seus pais: o señor e a señora Lepic nunha casa de campo acomodada,
nunha rexión da
Borgoña-Franche-Comté
de
Francia, en Nièvre. Pelo
de cenoria, así chamado pola cor roiba do seu pelo e polas súas
pencas, axuda nas tarefas da casa, pero a relación cos seus pais
non é moi boa. A súa nai bérralle constantemente. Un día chega a
súa casa, Annette, a nova criada e a súa nai grítalle por falar
con ela. Ao longo da historia a criada convértese nun punto clave de
apoio para Pelo de Cenoria. As discusións e as prohibicións, como a
de non poder ir de caza co seu pai, levan ao mozo a intentar
suicidarse en dúas ocasións, cun resultado falido. Ao final, Pelo
de Cenoria quere marchar da casa, pero falando co seu pai e con
Annette decide quedarse e estudar como el lle aconsella.
Personaxes
do libro:
Poil
de Carrote:
c’
est
un garçon de seize ans, fils de M. Lepic et Mme. Lepic. Il est très
gentil, travailleur, ses
cheveux
sont
roux c’est pourquoi tout le monde
l’ appelle
Poil de Carrote, son vrai prénom est François.
M.
Lepic:
c’
est
le père de Poil de Carrote. Il aime chasser, il est compréhensif
avec Poil de
carotte,
il n’
aime pas Mme. Lepic.
Mme.
Lepic:
c’
est
la
mère de Poil de
carotte.
Elle est antipathique, elle aime
lancer des humiliations sur le plus jeune de ses fils, elle ressent
de la haine envers François, elle préfère son fils aîné Félix.
Annette:
c’est
la nouvelle servante de la famille Lepic. Elle est trés travailleuse
et gentille
avec Poil de
carotte.
Pelo
de Cenoria: é un mozo de dezaseis anos, fillo do Sr. Lepic e da
Sra. Lepic. É moi bo, traballador, é roibo, é por iso que todo o
mundo o chama Pelo de Cenoria, o seu verdadeiro nome é
François.
Sr.
Lepic: é o pai de Pelo de Cenoria. Gústalle cazar, é
comprensivo con François , non quere á Sra. Lepic
Sra
Lepic: é a nai de Pelo de Cenoria. É antipática, gústalle
humillar ó máis novo dos seus fillos, sente odio cara a François,
prefire ó seu fillo maior Félix.
Annette:
é a nova criada da familia Lepic. É moi traballadora e boa con Pelo
de Cenoria.
Nous vous invitons à lire Poil de carotte, roman autobiographique de Jules Renard qui raconte l'enfance et les déboires de ce garçon roux mal aimé par sa mére.
Il
existe aussi deux versions cinématographiques du livre, dirigées
par Jacques Feyder en 1923 et par Julien Duvidier en 1925.
Bonne
lecture et bon visionnage !!!
Convidámosvos
a ler Pelo de Cenoria, novela
autobiográfica de Jules Renard que conta a infancia e os desgustos
deste mozo roibo pola falta de amor materno.
Existen
tamén dúas versións cinematográficas do libro, dirixidas por
Jacques Feyder en 1923 e por Julien Duvidier en 1925. Boa lectura e
bo visionamento!
OS
FENDETESTAS DE 1ºBAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario