Hai xa dúas semanas rematamos a lectura de Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini. Nesta ocasión manexamos a versión gráfica, ilustrada por Fabio Celoni e Mirka Andolfo. Antes de reunirnos para comentar a obra, tivemos a oportunidade de ver a película que no 2007 dirixiu Marc Foster partindo da novela. Non nos defraudou en absoluto: poucas veces a versión fílmica respecta tan ben a historia orixinal.
Tanto a novela gráfica como a versión cinematográfica déronnos pé a comentar diferentes aspectos de interese:
- O mundo afgano non é o mellor lugar para unha muller: na primeira parte da película, que reflexa unha época de apertura social e política as mulleres con un estilo occidental e teñen certas liberdades. Na segunda parte, isto cambia radicalmente co réxime talibán, o cal obriga ó uso da burka e permite a lapidación, entre outras atrocidades. Afanistán é un país que involucionou e segue a involucionar co tempo. Como pode estar a pasar isto en pleno século XXI??
- A variedade de pobos afganos e a súa distinta orixe: Hassam é un zahara, é o fillo do criado da familia de Amir Jam. Aínda que inicialmente o considera o seu amigo, despois a amizade rómpese por un feito gravísimo. Na vida cotiá Hassam traballa na casa de Amir Jan, de feito é el quen lle pon o almorzo na mesa.
- Cometas en el cielo fainos reflexionar sobre a gravidade da covardía e a mentira que poden traizoar unha relación de confianza e amizade. Amir Jam comete un grave erro pero ao medrar e madurar consegue enmendalo. Este é un bo exemplo dun personaxe redondo. A dignidade do pai é tamén un tema destacado porque nos mostra que é unha persoa de principios que busca non facer dano a ninguén, é un personaxe moi humano.
Recomendámosvos esta novela e a súa versión cinematrográfica, xa que nos trasmiten valores necesarios para vivir de xeito correcto en calquer parte do mundo. E recórdannos que non en todos os lugares do mundo se vive como aquí... Se a nós nos queda aínda moito polo que loitar para conseguir unha sociedade mellor, imaxinade o difícil que é vivir nos países coma Afganistán...
Recomendámosvos esta novela e a súa versión cinematrográfica, xa que nos trasmiten valores necesarios para vivir de xeito correcto en calquer parte do mundo. E recórdannos que non en todos os lugares do mundo se vive como aquí... Se a nós nos queda aínda moito polo que loitar para conseguir unha sociedade mellor, imaxinade o difícil que é vivir nos países coma Afganistán...
No hay comentarios:
Publicar un comentario