Comentarios de alumnos de 1º ESO sobre o libro O neno can
SALMA: Este libro gustoume moito polos valores educativos e persoais que transmite. Por outro lado, algún capítulos non concordan cos temas principais da historia, pero aínda así están ben redactados.
ALONSO: A min persoalmente gustoume bastante este libro, paréceme que está moi ben tratado o tema dos dereitos humanos e a igualdade.
PABLO:
A min gustoume bastante este libro porque trata temas sobre a desigualdade e
amósanos exemplos para que saibamos o sufrimento doutras persoas. O que máis me
chamou a atención foi que en todas as historias houbese un can cunha mancha nun
ollo.
LUCÍA:
Sinto que este tipo de contos son necesarios para darnos conta de que non todas
as persoas teñen as mesmas oportunides e condicións de vida ca nós.
LAURA:
A min este libro gustoume moito porque trata de persoas que non teñen moita
sorte na vida. Cada un encontra un can branco cunha mancha nun ollo que
representa que nunca se está só na vida. A conclusión é que nunca se está só.
No hay comentarios:
Publicar un comentario